Cando mercamos unha comedeira para a nosa mascota, tendemos a fixarnos no seu deseño ou no seu tamaño, aínda que, na actualidade, un factor de peso á hora de elixir a comedeira perfecta para o noso can é buscar un recipiente adecuado e que, ademais, estea fabricado co mellor material para eles, as nosas mascotas.
Ademais de iso, temos que ter en conta a personalidade do noso can no momento de escoller o seu cunco, adecualo á súa forma de comer, ao seu tamaño… Hai que ter en conta que cada can ten unhas características e, depende de nós, facerlles o momento do xantar máis sinxelo e saudable para eles.
En Golfo&Dama contamos con comedeiras realizados con diversos materiais dos que, a continuación, vos contaremos as súas principais características:
Son comedeiras perfectas para tódolos tipos de can. Fabricadas en aceiro inoxidable, contan con bases antiesvarantes e presentan varios tamaños e infinidade de deseños realizados con melamina de alta calidade. Este tipo de recipientes son, sen dúbida, os máis cómodos e hixiénicos para a mascota, ademais de ofrecer unha durabilidade moito maior cá doutros materiais. En Golfo&Dama dispoñemos de marcas como Hunter ou FuzzYard.
Outros puntos destacables destas comedeiras é que serven tanto para a comida como para a auga. Ademais, as pezas son desmontables e lavables no lavavaixelas, o que facilitará a súa limpeza.
Cada vez máis, preocupámonos máis polo tipo de plástico no que están fabricados os produtos que habitualmente utilizamos, xa que a degradación deste material pode ter efectos nocivos sobre a nosa saúde. De igual xeito, isto pode ocurrir coa nosa mascota, polo que é moi importante que, á hora de escoller para ela unha comedeira de plástico, revisemos que o material sexa de boa calidade e hipoalerxénico. Na nosa tenda podes atopar comedeiros Nuvela de Nayeco.
Son, tal vez, os menos funcionais dos tipos de comedeiras mencionados con anterioridade. Caracterízanse principalmente pola súa maior fraxilidade e a súa superficie porosa, o que levará a ter un maior coidado no momento da limpeza, co fin de eliminar tódolos restos. Contra o problema da porosidade, podemos atopar no mercado comedeiras cun recubremiento lacado, o que facilitará a limpeza, aínda que sempre teremos que comprobar que o material co que está lacado non sexa prexudicial para a nosa mascota.
Están dispoñibles nos materais citados anteriormente e resultan unha opción bastante socorrida, xa que nunha soa comedeira poderemos ter xuntos os pratos para a comida e para a auga. Estes recipientes son desmontables para unha mellor limpeza e levan integradas gomas antiesvarantes para maior comodidade dos cans.
No mercado existe unha grande variedade deste tipo de comedeiras, útiles tanto para viaxar coas nosas mascotas ou, simplemente, para utilizar cando saímos de paseo. Estes recipientes son, polo tanto, de pequeno tamaño e están fabricados en plásticos ou siliconas que se poidan pregar e gardar no mínimo espazo posible.
Na nosa tenda online contamos con varios modelos e, na tenda podes encontrar o bebedoiro portátil Beviqui, un formato innovador co que o teu can poderá beber de calquera botella introducindo a auga pola boquilla do producto. Ademais, pode gardarse en calquera parte grazas á súa lixereiza e funcionalidade.
Comedeiras automáticos ou dispensadores de comida.
Son moi útiles se non dispoñemos de moito tempo nos días laborais para atender plenamente á nosa mascota. En todo caso, sempre que as ausencias sexan longas, o recomendable é deixar a nosa mascota en mans de amigos, familiares ou en residencias caninas.
Son ideais para cans que engulen demasiado rápido a súa comida. No mercado, existen moitas comedeiras que poden evitar ese problema, calmando a ansiedade do can mediante o xogo de conseguir o seu alimento. En Golfo&Dama contamos con Slow Green, unha comedeira para cans pequenos e medianos que simula o céspede e que é perfecto para que os cans coman máis amodo, axudando a prevención de problemas dixestivos.
En caso de non contar cunha comedeira dotada de superficie antiesvarante, pódense atopar unha serie de tapetes que axudarán a evitar que o cunco do noso can se mova. Ademais, servirá para manter limpa a zona donde está ubicado a comedeira.
Sexa cal sexa o a túa elección, en Golfo&Dama de seguro que podes atopar a comedeira perfecta para a túa mascota! Se tes dúbidas, recorda que podes contactar connosco!