Como manter segura á nosa mascota nas viaxes en coche

Moitas veces queremos viaxar coas nosas mascotas e non sabemos dos múltiples xeitos cos que poden ir seguras. Na entrada de hoxe, dámosvos as claves para mantelas seguras na carretera.

 

huellas-de-perro-4 Utilizar arnés de seguridade.

Ao igual cas persoas, as mascotas tamén poden viaxar protexidas grazas a “cintos” de seguridade especiais para elas. Hai varias formas de atar a nosa mascota polo medio do cinto. A primera, e menos segura en caso de accidente, é colocar o cinto especial enganchado ao colar normal do animal. Outra forma máis segura é utilizando un arnés (existen con un o dous enganches), que será onde se ancore a correa de seguridade. Cabe salientar que, en tódolos casos, o cinto sempre debe ser curto.

perro-arnes

arnesNo caso dos arneses, existen no mercado os xa preparados para o coche, feitos de materiais acolchados e co cinto incluido, ou nos normais de paseo,  aos que haberá que colocar o arnés, mercado por separado.

Segundo a Dirección General de Tráfico, tras un estudio realizado pola RACE, determinouse que o mellor tipo de arnés é o de dous enganches, xa que desta forma, en caso de accidente, evítase o desprazamento do can hacia diante, aminorando os danos de tódolos integrantes do vehículo.

huellas-de-perro-4 Transportíns.

Hainos de diferentes tamaños, polo que teremos á nosa disposición un transportín adecuado para cada tipo de can ou gato. Neste caso, o transportín pode colocarse de diversos xeitos. En primeiro lugar, pódese suxetar co cinto de seguridade no asento do coche. Por outro lado, o transportín tamén pode colocarse no chan do vehículo (só no caso dos transportíns pequenos). Por último, os transportíns grandes deben levarse no maleteiro, sempre quedando transversal á dirección do vehículo. No caso dos cans grandes levados neste elemento, esta última forma será a máis segura en caso de accidente. En canto ás outras dúas opcións, a DGT recomenda colocar os transportíns pequenos no oco dos asentos traseiros, xa que o pouco espazo favorece a pronta absorción da enerxía dos impactos, o que fará que a nosa mascota non sufra feridas graves.

img_5762

huellas-de-perro-4 Outros accesorios de seguridade. img_5759

Existen reixas divisorias ou reixas de ventilación. No caso das primeiras, estas servirán para separar a parte dianteira do coche da parte onde irá a mascota. Aínda que se utilice este sistema, sempre hai que combinalo cos mencionados anteriormente para conseguir unha maior seguridade. No caso das reixas de ventilación, estas son para colocar nos portelos do vehículo para que a nosa mascota poida acercarse ao portelo sen temor a que lle pase nada.

En ningún caso, se deberá levar solto ao animal, xa que é perigoso tanto para el como para os demais ocupantes do coche.