Boas tardes amigos,

Temos novedades en Golfo&Dama!!

Intentamos incluir todo tipo de servicios para o beneficio dos animais, por iso se nos ocorreron un par de sección novas.

Por un lado, temos unha nova sección de productos seminovos, polo momento aínda non está en funcionamento, pois estamos recollendo productos , fotografiando…pero moi pronto poderedes velos pola nosa páxina web (www.golfoedama.com) . Se xa non utilizas algunha cousa da tua mascota, ou se simplemente quere desfacerse de productos que aínda están ben, non dubides en poñerte en contacto con nos a través do noso correo electrónico (golfoedama@gmail.com) , chamando ao 981573338 ou ben achegándote a nosa tenda física (Rúa Campo das Hortas, nº7, en Santiago de Compostela). A intención que hai detrás da creación desta sección é aproveitar recursos existentes, e ademais achegar ás persoas con menos recursos todo tipo de productos, para que as súas mascotas non conten con menos comodidades que as de calquera outra persoa.

Por outro lado, temos xa en funcionamento o servizo de paseador de cans e axuda a domicilio. Con axuda a domicilio referimonos á posibilidade de coidar ás mascotas no seu propio domicilio ou ben a axudar a determinadas tarefas que aos donos sós se lle fan complicadas. Para pedir máis información sobre este servizo podes poñerte en contacto con nos  a través das mesmas vías que na outra sección.

Por hoxe nada máis, esperamos que vos gusten as novidades. Boa semana!
Golfo&Dama